jueves, 30 de diciembre de 2010

A ÁRBORE DO VESTÍBULO




É unha árbore solitaria a que iniciou o outono no colexio, uns brazos a sostiñan e procuraban os seus froitos como sinal de agradecemento pola riqueza e a vida que nos aporta a natureza.

¡COIDEMOS A NATUREZA, É UN BEN DE TODOS!

GALERÍA DE IMAXES






Mostra de diferentes traballos realizados polo alumnado dos distintos niveis

BO NADAL

O EDLG agarda para o vindeiro ano unha morea de tarefas que nos alenten no empeño de ensinarlle ao noso alumnado de onde vimos.

lunes, 22 de noviembre de 2010

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O 1º TRIMESTRE CURSO 2010 - 2011

“ O OUTONO”.EXPOSICIÓN OUTUBRO
"ONDE ESTÁ A MIÑA MASCOTA? TODO O TRIMESTRE
“O MAGOSTO”( MURAIS, RECEITAS,REFRÁNS,ADIVIÑAS…) OUTUBRO
“AS NOTICIAS DE XAQUÍN” OUTUBRO (cada 15 días)
“O SAMAÍN”. EXPOSICIÓN DE CABAZAS NOVEMBRO
“O SAMAÍN”. LENDAS DE MEDO (A STA.COMPAÑA,O HOME DO UNTO, O HOME DO SACO…)NOVEMBRO
"DEBUXOS DOS ALMANAQUES PARA O CALENDARIO" NOVEMBRO
"CARTEIS CON MENSAXES NORMALIZADORAS" NOVEMBROO
"O AMIGO INVISIBLE CON POSTAIS DE NADAL" DECEMBRO
"CONCURSO-EXPOSICIÓN DE POSTAIS DE NADAL DECEMBRO
"PANXOLIÑAS" DECEMBRO
"VISITAS E SAÍDAS CULTURAIS A LUGARES DE INTERÉS" TODO O TRIMESTRE
"PROXECCIÓN DE PELÍCULAS EN GALEGO" TODO O TRIMESTRE
ANIMACIÓN Á LECTURA.PRESENZA DO LIBRO GALEGO TODO O TRIMESTRE
TRABALLO COA PRENSA TODO O TRIMESTRE

lunes, 11 de octubre de 2010


Benvidos a un novo curso escolar. Este ano temos algunhas novidades que queremos contarvos.

* A primeira é o novo traballo do alumnado de E.infantil en colaboración coas familias: Xaquín vai visitar cada semana unha poboación ou lugar distinto e son os nenos e os seus pais/nais os que teñen que adiviñar a onde foi para logo explicarlle aos seus fillos/as algo sobre ese lugar.Todos eses traballos serán recollidos para encadernalos con posterioridade.

* Outra actividade foi a elaboración por parte do alumnado do terceiro Ciclo dunhas versións modernas de contos tradicionais.



BRANCANEVES

Era un día chuvioso en Betardos, cando un grupo de rapaces e unha rapaza, todos con instrumentos musicais saíron á rúa. Ian moi ledos, cantando unha rítmica canción. Ao chegar a un encrucillado de rúas os rapaces e a rapaza enfilaron distintas direccións. A rapaza ( Brancaneves) foi cara ao bosque e camiñando atopou unha gran mansión cunha enorme piscina, pista de tenis, campo de golf, solarium…
Chamou á porta e como ninguén lle abriu, entrou.
Flipou co que alí había: unha inmensa pantalla de plasma,unha fermosa fonte, un yacussi…
Sentouse nun sofá de coiro negro e puxo a tele, axiña tivo fame e decidiu chamar ao Burger King.
Cando rematou, oíu o ruído dun coche, asexou pola fiestra, e viu un descapotable vermello, del saíron uns rapaces, uns eran hippies, outros nadadores pois ían con bañadores, o último era un rapaz baixiño cunhas ridículas gafas e con roupa anticuada.
Brancaneves decidiu agocharse pero a superporta mecánica abriuse moi rápido, deixándoa á vista.Os rapaces ao vela decidiron deixala quedar con eles, inda que a algún non lle fixo moita gracia.Puxeron música, bañáronse na piscina, no yacussi, contaron historias…De súpeto chamaro ao timbre e Brancaneves levantouse decidida pensando que era o repartidor co encargo que fixera e abriu.
Na porta estaba unha muller cunha hamburguesa .Ao pechar a porta e como tiña bastante fame deulle un bocado e desmaiouse alí mesmo. Os rapaces correron a axudala e como non había forma de reanimala decidiron enterrala, non fóra vir o xuíz e os culpara do asesinato.Pero entón chegou o verdadeiro repartidor do Burguer King, que ao vela axeonllouse xunto a rapaza e bicouna, ela espertou e ao decatarse de que o mozo lle dera un bico sen ela consentilo arreoulle unha labazada que o deixou coa cara vermella.

Inés 6º Curso



OS SETE CABUXIÑOS

Érase unha vez uns cabritos que vivían nun pazo ás aforas do bosque.Un día no que a súa nai tiña que ir comprar ao Corte Inglés para a volta ao cole quedaron sos. Ela díxolles que non lle abrisen a ninguén, por medo ao lobo que vivía no bosque. Avisounos de que o lobo tiña as patas negras.Cando a nai marchou no seu Land Rover, o lobo que estaba asexando colleu o seu monopatín e acercouse a casa dos cabritiños.Chamou á porta pero non lle abriron. Como o lobo volveu máis tarde a insistir, pedíronlle que metese a súa pata por debaixo da porta, pero como a pata era negra non lle abriron. Logo volveu o lobo coa súa panda de quinquis cos mp catro a todo volume e facendo moito barullo, ao chegar á porta da casa un dos amigos do lobo meteu a súa pata branca por debaixo da porta e os cabritos o deixaron pasar. Colléunos a todos menos ao máis pequeno que estaba no seu cuarto xogando no ordenador e chateando co seu amigo Cabrilos. O lobo lixeiriño papou ao resto dos irmáns e como estaba farto meteuse debaixo da cama a durmir. Ao chegar a nai, chamou polos seus fillos e soamente apareceu o pequeno que xa fixera os deberes e deixara de xogar co ordenador. Entre os dous recorreron toda a casa ata que atoparon ao lobo debaixo da cama. Puxéronno na sala de raios uva e alí o sedaron. Pouco a pouco o abriron, primeiro a gorxa, logo o estómago cun raio láser delgadiño e foron saíndo os seis cabuxiños, despois o coseron e o curaron e o tiraron na beira da estrada, co golpe espertou e doíalle todo pero escoitou como os cabritos e a súa nai se marchaban no coche coa música dos corenta principais a todo volume.


Ángela 6º C



O PARRULO FEO

Había unha vez unha femia de parrulo que tiña moitos parrulos pequenos. Todos eran ben feitiños, excepto un que era gris e levaba unha gorra de lado, uns cascos de música e uns poucos pirsins. Os seus irmáns vestían moi ben ( coma políticos) e a nai como se fose a muller do alcalde . Todos eles eran moi queridos polo resto das especies animais, por el contrario el era desprezado ata pola súa propia nai e os seus irmáns. Todos lle chamaban o Feo, pero el pasaba de todo. Un día pola mañá, farto de tantas chorradas decidiu fuxir da granxa cara ao monte e andou moito tempo. Era un pasota e todo lle daba igual pero sentíase moi so e entón chorou. Despois de un tempo chegou a outra granxa on de uns vellos o acolleron, pensou que aquel podía ser un bo lugar para empezar unha nova vida, pero a vella estaba empeñada en engórdalo para despois comelo. O parrulo desconfiaba e decidiu escapar de alí. Ao chegar o inverno non tiña nada para comer e por pouco uns cazadores case o matan e tivo que volver a escapar. Cando chegou a primavera o parrulo atopou un estanque e quixo lavarse, cando ía meterse na auga viu que había un grupo de cisnes bailando batuka e preguntou si se podía quedar con eles, entón un dos cisnes díxolle que se quedara que era un deles, el un pouco avergonzado replicoulles que non se burlasen, os outros insistían e dixéronlle que vise o seu reflexo na auga limpa do estanque. O parrulo case se desmaia ao verse e comprobar que era un auténtico cisne entón decidiu quedar alí para sempre.


Manuel 6º Curso








martes, 11 de mayo de 2010

jueves, 6 de mayo de 2010


Este ano o día do libro resultou unha celebración moi interesante para os nosos alumnos/as, que ao chegar ao colexio atoparon persoeiros escapados dos contos infantís que quixeron celebrar esta conmemoración lendo con eles.

miércoles, 5 de mayo de 2010

A REVISTA ESCOLAR

Tanto o alumnado como o profesorado do colexio anda a traballar a reo para a realización da revista escolar.Os nosos redactores,xornalistas, escritores e debuxantes apuran as súas mellores ideas para que a publicación da revista QUINSA XX constitúa todo un éxito na nosa comunidade educativa.

REFRÁNS E ADIVIÑAS

As familias participaron activamente na recompilación de refráns e adiviñas desta zona, con todos eles fixemos un pequeno boletín que lles remitiremos na semana das Letras Galegas,como agradecemento pola súa colaboración.

martes, 23 de marzo de 2010

O NOSO OBXECTIVO

A dignificación da nosa lingua e cultura foi o obxectivo que perseguimos ao longo do curso e humildemente consideramos que moitas das actividades das detalladas e que foron consensuadas polos membros do E.N.L acadaron resultados satisfactorios xa que contribuiron ao fomento e valoración positiva da lingua galega.

O ENTROIDO




O Outono


Benvidos ao blog do E.N.D.L do C.E.I.P de Quintela. Estamos encantados de mantervos informados de todas as nosas propostas e das actividades que fixemos ao longo do curso.