domingo, 30 de octubre de 2011

Historias de medo polo Samaín




                       O cemiterio de Mondariz

Teño 33 anos pero aínda me entra un desacougo ao pensar o que me pasou cando tiña 22 anos.Pedira uns días de vacacións no traballo para viaxar a Galicia cos meus amigos.
Aloxámonos nun hoteliño de Mondariz, preto dun bosque. Despois de cear e medio de broma un compañeiro retounos a que non eramos capaces de ir a esas horas polo bosque. Despois de un tira e puxa todos decidimos ir.
Andaramos xa unha hora cando atopamos un cemiterio abandonado e coas tumbas abertas.De súpeto pasou onde a nós un home correndo e berrando que fuxiramos de alí. Ao mesmo tempo chegou un fedor a podre e a cera queimada que arrepiaba e por si fora pouco escoitamos como uns pasos que se achegaban. Sen pensalo botamos a correr cara ao hotel. Cando atribulados llo contamos ao encargado do hotel nos dixo sen máis que se trataba da Santa Compaña e que tivemos moita sorte de que non colleran a ningún de nós, tamén nos dixo que si calquera outro día ocorría o mesmo fixeramos un círculo no chan arredor nosa e debuxaramos dentro unha cruz e non miraramos cara a eles e que cando pasaran botásemos a correr o antes posible.

                   




Carla Regueira Iglesias 5º

Contos de medo polo Samaín

O HOME DO SACO



Eran case as nove da noite e meu pai como sempre veu a darme un bico e pechou a porta.Cada vez que isto pasaba o meu cuarto parecía outro. Desexei con todas as miñas forzas non sentir os estraños ruídos que ultimamente me causaban pánico.
Pasou o tempo e non pasaba nada.De súpeto unha suor fría comezou a esparexerse por todo o meu corpo e… outra noite máis aí estaban… os ruídos.
Papaaaa - chamei con todas as miñas forzas.
Os ruídos cesaron e nun instante o meu pai estaba de pé onda min, abrazoume e escoitando os meus laios.
Tranquilo que o home do saco non existe - dixo cun sorriso.
Sí, si que existe, eu o escoito - expliqueille
Entón o meu pai moi serio acercouse e díxome.- Ben pois entón tranquilo que o vou cazar.
Foise ao seu cuarto dicindo.- ¡Recorda que os monstros non existen¡.
Logo volveu a entrar ás escuras no meu cuarto sen facer ruído e pechou a porta, sentouse, levou o seu dedo aos beizos e indicoume que estivese calado.
Cando estaba a piques de quedar durmido, os ruídos empezaron outra vez.Papá levantouse e xa de pé deu uns pasiños ata quedar diante do armario e abriu a porta de golpe. Nese momento os ruídos agrandáronse e eu empecei a tremer:
¿Papá?...¡papá?.
Entón vin algo que brillaba dentro do armario e escoitei un zoar de vento, un segundo despois a cabeza do meu pai desprendeuse do corpo e chocaba contra o chan.
Quedei petrificado … algo saía do armario dirixíndose ata a cabeza do meu pai que seguía no chan, colleuna e meteuna nun gran saco que arrastraba como si levase máis cabezas. Logo desapareceu outra vez dentro do armario e cerrou a porta.
Nese momento acendeuse a luz e miña nai estaba preguntándome por que berraba tanto.Eu solo acertaba a dicir chorando: Papá, papaaa…
Sen máis meu pai asomou por detrás de miña nai sorrindo.- pero non che dixen eu que o home do saco non existe…, soamente tiveches outro pesadelo.




Daniel Domínguez Arosa 5º