domingo, 30 de octubre de 2011

Historias de medo polo Samaín




                       O cemiterio de Mondariz

Teño 33 anos pero aínda me entra un desacougo ao pensar o que me pasou cando tiña 22 anos.Pedira uns días de vacacións no traballo para viaxar a Galicia cos meus amigos.
Aloxámonos nun hoteliño de Mondariz, preto dun bosque. Despois de cear e medio de broma un compañeiro retounos a que non eramos capaces de ir a esas horas polo bosque. Despois de un tira e puxa todos decidimos ir.
Andaramos xa unha hora cando atopamos un cemiterio abandonado e coas tumbas abertas.De súpeto pasou onde a nós un home correndo e berrando que fuxiramos de alí. Ao mesmo tempo chegou un fedor a podre e a cera queimada que arrepiaba e por si fora pouco escoitamos como uns pasos que se achegaban. Sen pensalo botamos a correr cara ao hotel. Cando atribulados llo contamos ao encargado do hotel nos dixo sen máis que se trataba da Santa Compaña e que tivemos moita sorte de que non colleran a ningún de nós, tamén nos dixo que si calquera outro día ocorría o mesmo fixeramos un círculo no chan arredor nosa e debuxaramos dentro unha cruz e non miraramos cara a eles e que cando pasaran botásemos a correr o antes posible.

                   




Carla Regueira Iglesias 5º

No hay comentarios:

Publicar un comentario