domingo, 30 de octubre de 2011

Historias de medo polo Samaín




                       O cemiterio de Mondariz

Teño 33 anos pero aínda me entra un desacougo ao pensar o que me pasou cando tiña 22 anos.Pedira uns días de vacacións no traballo para viaxar a Galicia cos meus amigos.
Aloxámonos nun hoteliño de Mondariz, preto dun bosque. Despois de cear e medio de broma un compañeiro retounos a que non eramos capaces de ir a esas horas polo bosque. Despois de un tira e puxa todos decidimos ir.
Andaramos xa unha hora cando atopamos un cemiterio abandonado e coas tumbas abertas.De súpeto pasou onde a nós un home correndo e berrando que fuxiramos de alí. Ao mesmo tempo chegou un fedor a podre e a cera queimada que arrepiaba e por si fora pouco escoitamos como uns pasos que se achegaban. Sen pensalo botamos a correr cara ao hotel. Cando atribulados llo contamos ao encargado do hotel nos dixo sen máis que se trataba da Santa Compaña e que tivemos moita sorte de que non colleran a ningún de nós, tamén nos dixo que si calquera outro día ocorría o mesmo fixeramos un círculo no chan arredor nosa e debuxaramos dentro unha cruz e non miraramos cara a eles e que cando pasaran botásemos a correr o antes posible.

                   




Carla Regueira Iglesias 5º

Contos de medo polo Samaín

O HOME DO SACO



Eran case as nove da noite e meu pai como sempre veu a darme un bico e pechou a porta.Cada vez que isto pasaba o meu cuarto parecía outro. Desexei con todas as miñas forzas non sentir os estraños ruídos que ultimamente me causaban pánico.
Pasou o tempo e non pasaba nada.De súpeto unha suor fría comezou a esparexerse por todo o meu corpo e… outra noite máis aí estaban… os ruídos.
Papaaaa - chamei con todas as miñas forzas.
Os ruídos cesaron e nun instante o meu pai estaba de pé onda min, abrazoume e escoitando os meus laios.
Tranquilo que o home do saco non existe - dixo cun sorriso.
Sí, si que existe, eu o escoito - expliqueille
Entón o meu pai moi serio acercouse e díxome.- Ben pois entón tranquilo que o vou cazar.
Foise ao seu cuarto dicindo.- ¡Recorda que os monstros non existen¡.
Logo volveu a entrar ás escuras no meu cuarto sen facer ruído e pechou a porta, sentouse, levou o seu dedo aos beizos e indicoume que estivese calado.
Cando estaba a piques de quedar durmido, os ruídos empezaron outra vez.Papá levantouse e xa de pé deu uns pasiños ata quedar diante do armario e abriu a porta de golpe. Nese momento os ruídos agrandáronse e eu empecei a tremer:
¿Papá?...¡papá?.
Entón vin algo que brillaba dentro do armario e escoitei un zoar de vento, un segundo despois a cabeza do meu pai desprendeuse do corpo e chocaba contra o chan.
Quedei petrificado … algo saía do armario dirixíndose ata a cabeza do meu pai que seguía no chan, colleuna e meteuna nun gran saco que arrastraba como si levase máis cabezas. Logo desapareceu outra vez dentro do armario e cerrou a porta.
Nese momento acendeuse a luz e miña nai estaba preguntándome por que berraba tanto.Eu solo acertaba a dicir chorando: Papá, papaaa…
Sen máis meu pai asomou por detrás de miña nai sorrindo.- pero non che dixen eu que o home do saco non existe…, soamente tiveches outro pesadelo.




Daniel Domínguez Arosa 5º




miércoles, 25 de mayo de 2011

domingo, 20 de febrero de 2011


AGUNHAS DAS NOSAS FOTOS


DÍA DA PAZ


Para conmemorar o día da Paz, todo o alumnado do centro en distintas cores segundo o Ciclo elaboraron unha camiseta cunha frase que tivese relación co noso proxecto sobre o ano internacional dos bosques:"OS BOSQUES, ESES GRANDES DESCOÑECIDOS", relacionada coa necesidade da Paz para coidar a biodiversidade e a vida no planeta.

EXPOSICIÓNS

O alumnado do terceiro Ciclo realizou diversas exposicións:

1)A primeira foi sobre diferentes termos científicos escritos en galego; o alumnado comprobou que tamén o galego é unha lingua científica.

2) A segunda foi unha exposición de traballos tipo poster sobre algúns dos máis coñecidos pacifistas como Alva Murder, Martin Luther, A nai Teresa de Cálcuta ou Mathama Ghandi.

3)Outra das exposicións estivo relacionada coa área de C. do Medio. Os alumnos experimentaron facendo circuítos eléctricos integrados en montaxes orixinais e creativas. As familias colaboraron na confección destas maquetas que resultou moi atractiva e motivadora.