miércoles, 2 de noviembre de 2011

O DEFUNTO ARREPENTIDO




Había unha casa que estaba sen alugar; ninguén quería vivir nela porque polas noites había queixumes e rinchar de cadeas polo tellado. Alí vivirá un notario e disque lle morrera un fillo.


Él foi o primeiro que se tivo que cambiar porque era desde aquela que se escoitaban eses ruídos polas noites. Como xa se sabe os notarios e os escribanos son uns ladróns .Entón o amo da casa ofreceu mil pesetas a quén fora capaz de descubrir o que alí pasaba pero todos tiñan medo e ninguén quería entrar nela nin de día nin de noite.Co tempo un mociño dixo:


- Eu son quén de pasar a noite nesa casa. E así foi. Entrou na casa e púxose a ler un libro. Cando deron as doce da noite comezou a oír lamentos e as cadeas polo tellado, pero non lle tiña medo a ninguén. De súpeto oíu unha voz:


- ¡Ai que caio!


- E contesta outro – Pois cae e que te leven todos os diaños. E alá vai unha perna.


- O mozo non se asusta e outra vez o mesmo:


- Ai que caio!


- De novo a mesma contestación: Pois cae e que te leven os demos.


- A outra perna cae e así pouco a pouco foise desfacendo o corpo en anacos. O último anaco que quedaba era a cabeza que estaba moi negra pois xa pensaba no inferno. Vai o mociño e pregunta:


- Que é o que che pasa home, que queres?.


- Eu quero que meu pai e vostede poidan devolver os cartos a todos os que deixou na miseria que por culpa diso estou penando. E así que dixo isto desapareceu.


- O mozo pola mañá díxolle ao pai do defunto o que pasaba e fixeron unas misas pola alma do rapaz e devolveron os cartos .Desde aquela non se volveron a escoitar máis berros naquela casa.

 Lucía Vidal 5º

















No hay comentarios:

Publicar un comentario