viernes, 4 de noviembre de 2011

E NO FIN …SÍ



Decidimos ir ao cine á sesión das oito da tarde. Era unha peli das que lles gusta a Marta, Laura e Sara.Dun asasino saído do inferno, sangue e sustos…, o de sempre.


Ao saír do cine tiña esa sensación de cóxegas na barriga que tanto me amolan. Existirían eses monstros?.Haberá un asasino agardando tralas portas, ou debaixo das camas…en fin, andrómenas!.


Era tarde de máis e decidimos andar comentando a película de camiño á casa. Primeiro chegamos á de Marta, logo a de Laura, con Sara camiñei un pouco máis.


Eu teño a sorte de vivir preto do parque, pero agora parecíame tan lonxe. Comecei a camiñar soa, as rúas desertas, facía frío.Decidín apurar o paso, ía pensando nas miñas cousas cando tiven a sensación de que alguén me seguía, sería o meu maxín? .


De súpeto parei e non escoitei nada. Apurei aínda máis, facía moito frío pero eu comezaba a suar. O ruído de pisadas cada vez era máis claro, podía sentir os pasos detrás de min. Non quería mirar…fitei de esguello, as beirarrúas estaban en penumbra, podería haber un exército agochado e tampouco sería quén de distinguilo. So quería correr. Decidín acortalo camiño pasando pola pasaxe da igrexa,un túnel entre a igrexa e o cemiterio…Os pasos eran agora rápidos e pesados. Cada paso que sentía facíame perder a respiración.Que quere de min?, que fago?...


Non era quen de pensar e o móbil sen batería…non sei porque decidín agocharme na parte escura do túnel, quedei quieta, sen respirar nin mover un músculo.Non oía nada…,pero de súpeto un paso, logo outro…uf, sentín a respiración de alguén, sentín auténtico terror. Non sei como fixen pero comecei a correr con todas as miñas forzas, sen mirar, sen parar. Notei un tirón na manga da gabardina, só tiña cen metros por diante para chegar a casa.


Tentaba berrar pero a voz fuxía, podía sentir o meu corazón palpitando …a porta a cinco, catro, tres metros, empurreina con todas as miñas forzas e cedeu.






Pecheina dun portazo e botei o peche. Asexei pola ventá, non se vía nada fóra, quizás marchou, se cadra xa non está. Nese intre o timbre da porta soou e deixoume petrificada, arrimeime, Andrés, o veciño chamaba por min.Abrín a porta:


- Helena, estás ben


- Bo,Andrés creo que alguén me seguía.


- Como que alguén te seguiu?. Estás segura diso?


- Non sei…, fun ao cine e á volta


- Non irías ver a peli esa de medo…?


- Sí, si


- Ai Helena ás veces a imaxinación nos xoga malas pasadas. Ben eu vin traer a túa gabardina que estaba presa na reixa das escaleiras.


- Presa…eh, ben, grazas Andrés.


Pechei a porta un pouco avergoñada, que estúpida, fora a miña imaxinación…


Subín ao meu dormitorio a cambiar de roupa, entrei no baño e…sentín de novo esa sensación de desacougo, algo detrás de min, levantei a vista cara ao espello e…alí estaba, agardándome o asasino…NOOOOOOOOOOOOOOOO!!!






Claudia Kaulback Amoedo 5º nivel


No hay comentarios:

Publicar un comentario